Skip to main content

A Lei de Símbolos

simbolos galicia institucions
Lámina gravada por Troncoso para a primeira edición de Galicia, Reino de Cristo Sacramentado. (México, 1750)

 

 

 

 

 

 

 

 

simbolos galicia institucions
Escudo de Galicia gravado por Palomino ( S. XVIII ), coa divisa do padre Oxea na Bordura.

 

 

 

 

 

 

simbolos galicia institucions
Escudos debuxados por Durero e gravados por Hieronimus Andrea en 1515.

 

 

 

 

 

 

simbolos galicia institucions
Enciclopedia de Diderot e d´Alembert (París, 1751-1772 ). A figura 10 corresponde as armas de Galicia.

 

 

 

 

 

 

simbolos galicia institucions
Armas reais e escudos dos diferentes reinos españois (S.XVIII).

 

 

 

 

 

 

simbolos galicia institucions

O Estatuto de Autonomía de 1981 recoñece xurídicamente un feito que xa era realidade: Galicia constitúese en nacionalidade histórica diferenciada dentro do marco do actual Estado. Por primeira vez, tamén, é oficializado o galego como a nosa lingua propia, dictándose en 1983, para a súa potenciación e protección, a coñecida como Lei de Normalización Lingüística.

En 1984, finalmente, o Parlamento de Galicia aprobou a chamada Lei de Símbolos. Trátase así mesmo do recoñecemento ou sanción oficial da bandeira, escudo e himno propios de Galicia, símbolos xa asumidos desde antes como seus polo pobo galego e que a partir de agora gozan da mesma protección xurídica que establecen as leis para os símbolos de Estado.

Da lei 5/1984, do 5 de maio de Símbolos de Galicia:

O Estatuto de Galicia dispón no seu artigo sexto:

A bandeira de Galicia é branca, cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Galicia ten himno e escudo de seu.

Da lectura desta disposición, que non se remite a un desenvolvemento lexislativo, cabe doadamente pensar que os redactores da nosa Lei estatutaria tiñan ben presente que xa existían no ánimo e no pensar do pobo galego o himno e o escudo, e que, polo tanto, non cabían sobre a súa regulación máis dúbidas que as que veñen impostas pola necesidade de oficializar a letra e a música que Pondal e Veiga puxeron na memoria e na boca dos galegos e pola conveniencia de describir coa exactitude que a heráldica demanda o símbolo que foi nacendo en pedras e en bandeiras co paso das idades.

Polo que se refire á bandeira, que vén descrita no Estatuto como seña de identidade e co rango que precisaba, a Lei limítase a fixar as súas proporcións, a regular a bandeira oficial, isto é, a que vai cargada co escudo, e a facer as previsións precisas no que toca ó seu uso e ás súas precedencias.

Parte a Lei de considerar que os tres Símbolos de Galicia foron asumidos como seus polo pobo galego e non fai, polo tanto, máis precisións que as estrictamente imprescindibles para un uso correcto da bandeira, para fixar definitivamente a composición do escudo e para lle dar carácter oficial á letra e á música do himno.

"Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei de Símbolos de Galicia".

Símbolos

Artigo 1

A bandeira, o escudo e o himno de Galicia simbolizan a súa identidade como nacionalidade histórica.

Bandeira

Artigo 2

A bandeira de Galicia, de acordo co preceptuado no artigo 6 do Estatuto, é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ó inferior dereito.

A bandeira de Galicia deberá levar cargado o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma.

Escudo

Artigo 3

O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.

Ó timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen candansúas diademas sumadas de pérolas que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de gules, ou vermello.

Uso Da Bandeira

Artigo 5

A bamdeira de Galicia utilizarase, xuntamente coa de España, en tódolos edificios públicos do ámbito territorial da Comunidade Autónoma e nos actos oficiais que nela se celebren.

O disposto anteriormente entenderase respetando sempre a lexislación específica e as precedencias que sexan de rigor.

Artigo 6

A bandeira de Galicia, cando concorra soamente coa bandeira de España, situarase á súa esquerda desde a presidencia, se a houbese, e á dereita desde o observador. Cando concorra ademáis con bandeiras de Concellos, Diputacións ou calquera outra corporación pública que utilice bandeira propia, a de Galicia situarase á dereita da de España se o número é impar e á súa esquerda se fose par.

Se concorre con outras bandeiras, estas non poderán ter maior tamaño que a de Galicia.

Uso Do Escudo

Artigo 7

O escudo de Galicia deberá figurar:

Nas bandeiras ás que se refire o artigo 5.

Nas Leis de Galicia que promulgue, en nome de El-Rei, o Presidente da Xunta.

Nas placas das fachadas dos locais da Administración Autonómica.

Nos cruños en seco e de lacre da Comunidade Autónoma

Nos títulos acreditativos de condecoracións galegas.

Nas publicacións oficiais.

Nos documentos impresos, cruños e cabeceiras de uso oficial da Comunidade.

Nos diplomas e títulos expedidos pola Comunidade Autónoma.

Nos distintivos usados polas autoridades ou funcionarios da Comunidade ós que lles corresponda.

Nos edificios públicos e nos obxetos de uso oficial nos que, polo seu carácter representativo, sexa pertinente.

Protección Dos Símbolo

Artigo 9

Os Símbolos de Galicia gozan da mesma protección xurídica que as Leis estatais confiren ós Símbolos do Estado con aplicación dos mesmos casos e supostos que éstas contemplan.