Skip to main content

Prado presenta o informe anual coas recomendacións para programar a formación profesional ocupacional

A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, presentou hoxe o Informe Prioridades de Programación da Formación Profesional Ocupacional 2005. Esta traballo, que realiza con carácter anual o Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións, é nunha ferramenta básica e orientativa cara a programación dos cursos de formación profesional ocupacional.

O informe contén unha primeira parte onde se perfilan os colectivos prioritarios aos que debe ir dirixida a formación, atendendo por un lado ás características persoais dos demandantes de emprego (sexo, idade e nivel académico), e por outra, ao tempo que levan nesta situación de desemprego. Deste xeito defínense, por ámbito territorial, os colectivos prioritarios aos que deben de ir dirixidas as accións formativas.

Nunha segunda parte realizase unha análise específica das familias profesionais e especialidades formativas con índices significativos de inserción, así como unha estudo do movemento laboral recollido en cada unha delas. Este movemento laboral calcúlase atendendo ao número de contratacións laborais e demandantes de emprego rexistrados en ocupacións asociadas ás especialidades formativas que integran as distintas familias.

Atendendo aos datos calculados para o conxunto de Galicia, cómpre destacar destacar un total de cinco familias formativas cunha porcentaxe de inserción bruta superior, en todos os casos, ao 60%: mantemento e reparacións, edificación e obras públicas, industria pesada e construcións metálicas, transportes e comunicacións e fabricación de equipos electromecánicos. Todas estas familias formativas contan cun movemento laboral positivo, é dicir, o volume de contratacións laborais absorbe o total de demandantes de emprego rexistrados en ocupacións relacionadas con especialidades integradas nestas familias.

Estes resultados aparecen pormenorizados no informe, tanto a nivel de especialidade formativa como de ámbito territorial provincial. Deste xeito os programadores dispoñen de datos desagregados que lles permiten coñecer cales son as especialidades formativas que arroxan mellores resultados, non só en Galicia, senón en cada unha das catro provincias galegas.

PERFIL DO ALUMNO

O informe presenta tamén un perfil do alumno que se forma e insire en cada familia, observándose certas tendencias xerais que experimentan cambios, máis ou menos importantes, segundo o ámbito territorial analizado. Como curiosidade destacar que hai total de trece familias profesionais nas que as mulleres galegas se forman en maior medida que os homes, e que ningunha delas coincide coas cinco familias profesionais con mellores resultados destacados para o conxunto de Galicia. Así mesmo, só en tres delas: docencia e investigación, pesca e acuicultura, e seguros e finanzas conseguen unha maior porcentaxe de inserción bruta que os homes.
Gabinete Comunicación Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia