Skip to main content

Cultura e Educación celebrará unha homenaxe ao escritor falecido Neira Vilas

Con motivo da celebración, o día 5 de xaneiro de 2016, do 55 aniversario da primeira edición na Editorial Follas Novas de Bos Aires de ‘Memorias dun neno labrego’, o libro que para moitas e moitos rapaces galegos foi o mellor dos agasallos de Reis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará ao longo do vindeiro mes de xaneiro varias xornadas cunha serie de actividades culturais arredor da vida e da obra de Xosé Neira Vilas.

Os diversos actos terán como colofón un evento central que se levará a cabo na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun acto cívico para nenos e maiores no que o teatro, a poesía e a música encherán o escenario evocando a figura de Neira Vilas e da súa personaxe máis universal, o neno Balbino, que chegará da man do actor Cándido Pazó.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia