Skip to main content

Os orzamentos da Xunta para 2016 rematan a primeira tramitación

Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 remataron a súa tramitación en comisión, polo que quedan en disposición para o seu debate e aprobación definitivo en Pleno.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou “a importancia destes orzamentos para dar un paso máis na recuperación da nosa economía e na atención ás persoas que máis o necesitan”.

Contas expansivas

En concreto, Puy lembrou que as contas da Xunta para o vindeiro ano presentan un incremento do gasto autonómico de 430 millóns de euros respecto dos orzamentos do presente ano 2015 e “supoñen as primeiras contas expansivas da Administración galega desde 2008 ao incorporar ao mesmo tempo a maior rebaixa de impostos da historia de Galicia”.

“Estas contas públicas, ademais, revisan á alza a evolución do PIB galego para 2016, cunha previsión de crecemento do 2,5 por cento, ao tempo que auguran un descenso do desemprego na Comunidade galega de case dous puntos ao longo do vindeiro 2016”, apuntou Puy.

Gabinete de Comunicación do PPdeG