Skip to main content

Lémbrase que Valle-Inclán “está vivo na súa palabra” con motivo do 80º aniversario do seu pasamento

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán, posto que se cumpren 80 anos do seu pasamento en Compostela. Con motivo desta efeméride, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia destacou que o ilustre escritor, figura clave na literatura do século XX, creou “un mundo a través dunha linguaxe nova”, un mundo “que transcende a ese concreto momento histórico, pois Valle está vivo na súa palabra”.

Ao acto de lembranza, organizado pola Fundación Valle-Inclán, tamén asistiu o vicepresidente desta entidade, José Juan Durán; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outras autoridades e representantes do mundo da cultura.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia