Skip to main content

López Veiga manifesta que a ubicación da Axencia Europea de Pesca en Vigo non é un mérito novo

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, resaltou que a designación de Vigo como sede da Axencia Europea de Pesca, é froito dos importantes esforzos realizados neste terreo polo anterior goberno do PP. López Veiga subliñou que esta decisión non é un mérito novo, xa que o proceso de constitución deste organismo procede do ano 2003. O conselleiro tamén lembrou a visita que realizara a Vigo o ex-comisario de Pesca da UE, Franz Fischler.

O titular de Pesca do Goberno Galego apuntou que é importante para os intereses de Galicia que a Axencia teña presuposto e destacou que é xusto recoñecer o esforzos realizados neste sentido pola eurodeputada do PP Carmen Fraga, que é unha unha das persoas que “máis e mellor traballou” desde o Parlamento Europeo para conseguir que hoxe se esté a falar disto coma un logro.

Segundo López Veiga, o que se aprobou onte no Consello de Ministros de Pesca da UE é non foi máis que a culminación dun proceso iniciado fai anos e, polo tanto, “os galegos non podemos permitir que ninguén se adorne con plumas alleas”, en relación coas manifestacións realizadas nas últimas horas desde o Goberno Central.

López Veiga salientou tamén a necesidade de convocar inmediatamente o comité de resposables para nomear director á maior brevedade, e advertiu que é preciso “que non suceda o mesmo que coa Axencia de Seguridade Marítima de Lisboa, que continúa Bruxelas”.

Defensa da ETEA como sede

Asimesmo, López Veiga, defendeu as instalacións da ETEA (Escola de Transmisións e Electrónica da Armada) coma mellor ubicación para a Axencia, porque este organismo requiere espacio interior e exterior para desenvolver a súa actividade con capacidade de crecemento. A ETEA conta cunha seperficie de máis de 100.000 metros cadrados.

O conselleiro recoñeceu tamén que é o Concello de Vigo o que debe decidir sobre o mellor emplazamento, e non o Executivo Central. Neste punto, manifestou que “non se pode facer nada sen consultar ó Concello” e que ex-comisario de Pesca da EU, Franz Fischler, xa visitara Vigo 26 de xaneiro de 2004 para abordar esta cuestión, entre outras.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia