Skip to main content

Pedro Puy afirma que Besteiro sufre as consecuencias das esixencias a outras forzas políticas

Logo de reiterar o seu “máximo respecto ás actuacións xudiciais e ás decisións internas dos demais grupos políticos”, Puy afirmou que “estamos vivindo unha época na que se está condicionando en exceso a vida política ás actuacións xudiciais”.

“Cando un leva tempo defendendo e incluso criticando a outras forzas políticas por atoparse nunha situación xudicial, ao final pasan estas cousas”, sinalou o portavoz popular en relación á situación do secretario xeral do PSdeG. Por este motivo, fixo unha “chamara á racionalidade”, porque “as investigacións xudiciais rematan de moitas maneiras e, salvo que un teña a absoluta certeza de que se cometeu un acto impropio ou de corrupción desde a esfera política, todos deberíamos ser consecuentes cos principios xerais do sistema democrático”.

Así mesmo, Puy considerou “necesario e garantista dunha boa xustiza que os asuntos xudiciais se resolvan con celeridade”, pero engadiu que “cando estamos a falar de persoas que exercen cargos públicos sería bo que tamén comezásemos a ver que algúns destes procedementos chegan a súa conclusión canto antes”.

Cuestionado sobre a continuidade de Feijóo á fronte do PPdeG e como candidato á Xunta, Pedro Puy reiterou que “sería a mellor decisión para o partido e para Galicia”. “Hai unha coincidencia ampla no conxunto do partido e mesmo na sociedade neste sentido, polo que calquera outra valoración que non sexa esperar, con certo e razoable optimismo, que Feijóo vai a ser o candidato que se vai presentar ao congreso e despois ás eleccións autonómicas non é nin o momento nin realista plantexalo”, engadiu.
Gabinete de Comunicación do PPdeG