Skip to main content

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron no acto de clausura do I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, que reuniu a preto de 500 mozos e mozas de 11 agrupacións musicais galegas na Cidade da Cultura.

O evento, que permtiu fomentar o encontro entre novos intérpretes e visibilizar o seu traballo, rematou cunha interpretación conxunta do Himno Galego. Á clausura tamén asistiu a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia