Skip to main content

La Cocina Económica de Compostela celebra su 125º aniversario en inclusión social

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou as instalacións da cociña económica de Santiago de Compostela que volve a abrir as súas portas tras as obras de reforma levadas a cabo coas que poderá dar unha maior e mellor atención. O conselleiro felicitou aos responsables da cociña económica -activa desde 1891- polo seu 125 aniversario e apuntou que ambas entidades comparten o mesmo obxectivo, “acadar que ningún galego ou galega estea en risco de exclusión”.

Na súa intervención, Rey Varela advertiu que “a Política Social debe de ser o estandarte de todos os Gobernos, o engrenaxe fundamental sobre o que se asentan as demais medidas”. “Porque se non hai benestar non pode haber nin crecemento, nin emprego, nin cultura”, engadiu.

Tocante ao aumento que experimentou a cociña económica, tanto en comidas repartidas como en usuarios, o conselleiro salientou que “este crecemento ten que ir da man dun aumento da colaboración do Goberno galego” e lembrou que en 2015 destináronse un total de 122.400 euros á cociña económica de Santiago que representan “un aumento de máis do 30% desde 2014 e máis dun 66% desde 2009”.

Así tamén, o responsable da carteira social sinalou a importancia da Axenda Social Única de Galicia asinada entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Rede Galega de Loita contra a pobreza e a exclusión xa que “este acordo mellorará as axudas aos centros de emerxencia e inclusión, coa nova liña da convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para financiar gastos derivados da construción, ampliación, reforma e mellora dos centros”. Unha nova liña de axudas que contará cun orzamento de 8,4 millóns de euros, o que representa un aumento do 61% respecto ao investimento realizado no ano anterior. É o cuarto ano consecutivo no que aumenta o orzamento destinado a esta convocatoria. Ademais, no caso concreto dos comedores, albergues e centros de acollida, garántese que todos eles reciban subvención para o que se reservan 2 millóns de euros.

Parello ao incremento desta orde, o conselleiro de Política Social anunciou que no presente exercicio “duplicaremos, como mínimo, o investimento anual na cociña económica de Santiago”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia