Skip to main content

O Concello de Ourense presenta 25 novas propostas para a mocidade

O Concello ven de rematar o proceso de valoración das propostas, e seleccionou as 25 que se incorporarán á programación de actividades municipais que comezará en outubro.

Obradoiros de manualidades como Packami e Quilling, Scrapbooking, Bixutería ou Crafty, roteiros, repostería, expresión artística: guitarra, baile, teatro, fotografía, tatuaxe, circo, sakate, ou técnicas de animación son algunhas das actividades, que se realizarán en desenvolverán principalmente no Espazo Lusquiños, ou no marco do 2º Festival urbano Cidade de Ourense, dos días 14 e 15 de outubro.

O Laboratorio de ideas xuvenís é unha iniciativa innovadora posta en marcha este ano pola Concellería de Xuventude, que dirixe Sofía Godoy. O 14 de abril a Xunta de Goberno Local aprobou as bases, que tiñan como finalidade abrir a programación da Concellería ás propostas de colectivos, autónomos ou empresas que desexaran participar, coa finalidade de ampliar e mellorar a oferta de actividades e darlle importancia aos proxectos innovadores.

Durante a segunda quincena de abril abriuse o prazo e presentaron propostas un total de 37 empresas e particulares, cun total de 80 ideas ou propostas.

O equipo técnico da Concellería avaliounas e completou esta semana a selección das 25 actividades que se incluirán nos seus programas de outubro a decembro. A información detallada con horarios e datas de celebración e inscrición estará dispoñible desde mediados de setembro.

Programación de actividades Ourense Xove

Desde o mes de outubro desenvolverase unha nova edición do programa para a mocidade "Ourense Xove". No marco das actividades de dinamización do Espazo Lusquiños, durante os venres e sábados dos meses de outubro e novembro, en horarios de mañá e tarde, realizaranse as seguintes propostas:

- "Non te quedes co sabido": Técnicas de Animación 8h, Iniciación á lingua de signos 4 h, Dinámicas de grupo 4 h, Discapacidade Ocio e Tempo Libre 4 h

- "Dálle ao Miolo": Risoterapia 4h, Iniciación á globoflexia 4h, Maquillaxe de Fantasía 4h, Repostería divertida 4h, Ganchillo XL 4h

-"Deixa sair a estrela que levas dentro": Teatro 8 h, Baile Moderno 8h, Técnicas de Relaxación 4h, Obradoiro de Packami e Quilling. 10 h, Obradoiro de Scrapbooking,Albumes de recordos e fotos. 10 h, Obradoiro de Bixutería creativa. 10 h, Obradoiro de Crafty:"Diy ou faino ti mesmo". 10 h

Fóra do Espazo Lusquiños terá lugar a actividade Roteiro Vitivinícola pola Ribeira Sacra.

Programación do Espazo Lusquiños

Dentro da programación propia do Espazo Lusquiños para a Mocidade desenvolveranse obradoiros de achegamento á guitarra, Obradoiro de manexo de móbil: NONTELIES: Dende o mobil, fotografía con mensaxe, A miña primeira minimetraxe, Ourense 360º, Panorámicas verdes, Time lapse, Do selfie ao autorretrato con-sentido e Still life, fotos de cousas que din cousas

2º Festival urbano Cidade de Ourense

A programación xuvenil inclúe tamén como unha das súas actividades máis especiais a celebración do segundo Festival Urbano Cidade de Ourense. Será os días 14 e 15 de outubro, aberto á participación de todas as persoas que o desexen, con diferentes actividades para a mocidadade, como graffiti, exhibicións de bailes e outras demostracións. A programación da xornada incorporará tamén catro actividades seleccionadas a través do Laboratorio de Ideas: Iniciación ao mundo da Tatuaxe, Obradoiro de Circo. Malabares, monociclo, pelotas, Taller de skate e Reciclaxe artístico.

A Concellería tamén está a recoller suxestións de mozos e mozas para incorporar ao festival actividades deseñadas por eles e elas entre as que estarán un combate de rap como xeito artístico de expresar emocións e do talento dialéctico e unha batalla de hip-hop dance.


Concello de Ourense