Skip to main content

O novo portal de transparencia do Concello de Lugo, desenvolvido por GaliciaDigital, rexistra máis de 2.500 visitas dende a súa posta en funcionamento hai 3 meses

O 43% dos elementos máis vistosrefírense á composición, forma de designación e convocatorias das Mesas de Contratación, así como ás direccións electrónicas tanto da Alcaldesa e dos concelleiros do Goberno Municipal. Ademais, destacan pola visitas os datos biográficos da rexedora e dos concelleiros, a oferta pública de emprego e as ordes do día dos Plenos.

Neste novo portal (www.transparenciaconcellolugo.gal), ao que se accede tamén dende a web www.lugo.gal e que cumpre cos índices de transparencia establecidos pola organización Transparencia Internacional, a cidadanía pode atopar 78 entradas con información, estruturada en 6 grandes apartados sobre a Corporación, servizos, economía, contratación, urbanismo e obras, e medio ambiente.

Facilitar o acceso da cidadanía á información pública é un dos obxectivos da posta en marcha deste novo portal, un dos compromisos fundamentais que adquiriu o Goberno ao inicio do mandato co fin de mellorar a calidade democrática e a transparencia. Nesta liña, O Goberno Local seguirá traballando para que este portal sexa vivo e dinámico, como a vida do propio Concello, actualizándose constantemente os datos e a documentación que se vaia xerando día a día.
Concello de Lugo