Skip to main content

A Xunta e o SUG colaboran na Rede de Cooperación para o Desenvolvemento

Os reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño (USC), Julio Abalde (UdC) e Salustiano Mato (UVigo) e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo un proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.

Ao longo dos últimos anos son diversos os proxectos das tres universidades galegas que recibiron financiamento ao amparo da convocatoria de proxectos no exterior da Xunta de Galicia e mesmo recentemente se ten feito unha convocatoria específica dirixida aos equipos de investigación do sistema universitario galego.

Ademais, dende 2014, o Goberno galego colabora na conformación dunha Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, que ten permitido avanzar na mellora das capacidades técnicas das universidades neste ámbito, contratando recursos humanos específicos e aumentando a formación na materia a profesores e persoal non docente. Coa sinatura desta mañá, afondase nesta colaboración coa achega, por parte da Xunta, de 100.000 euros en dous anos -2016 e 2017-, o que supón o financiamento do 80 por cento do proxecto. As universidades achegarán o 20 por cento restante para cubrir o custo total do proxecto, que está valorado en 125.000 euros.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela