Skip to main content

Os solicitantes deberán cuantificar as posibles perdas ocasionadas en 2004 polo vertido do Prestige

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos informou que, segundo establece a normativa da Administración central, son os solicitantes os que terán que cuantificar as presuntas perdas económicas experimentadas no ano 2004 como consecuencia directa do derrame provocado polo Prestige, no caso de que entendan que as houbera. Os interesados deberán acompañar tamén a pertinente documentación acreditativa.

Cómpre lembrar que o Real Decreto aprobado no Consello de Ministros o 11 de marzo de 2005, establece que a única participación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no proceso de regulación desta norma limitarase á certificación de que o solicitante posee permiso de explotación, permiso de actividade ou concesión.  

No documento enviado por Pesca dase conta tamén de que a Consellería ven reiterando a necesidade de que transcorran 3 ciclos anuais para poder contar cos soportes técnicos e científicos que poidan amosar posibles consecuencias na actividade estractiva e sobre os recursos.

Así se lle comunicou ó Executivo Central en reiteradas ocasións, sen que estas alegacións foran tidas en conta na elaboración das normas do Real Decreto, e sen valorar as dificultades dos interesados á hora de certificar presuntas perdas, ainda máis, tendo en conta que o prazo para presentar a documentación remata o próximo 31 de marzo.

pescadegalicia.com só informa de prezos e vendas, non cuantifica perdas:  

Na circular remitida ao sector, o departamento que dirixe Enrique López Veiga clarexa que no que respecta á información estadística, “é necesario lembrar” que o contido da web  está relacionada coas descargas e vendas e é suministrado polos concesionarios das lonxas galegas en virtude dun andato legal da UE.
       
A páxina web, “en ningún caso” recolle perdas e ganancias, senón que reflicte cantidades e prezos de venda por especie, zona xeográfica ou lonxa no periodo cronolóxico que o usuario pretenda consultar.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia