Skip to main content

Medio Ambiente rexeita as acusacións de falta de transparencia realizadas pola CIG

A Consellería de Medio Ambiente, ante as acusacións realizadas hoxe polo sindicato CIG, reafirma a legalidade e transparencia de todas as contratacións realizadas por este departamento. Rexéitanse polo tanto con toda rotundidade as afirmacións realizadas hoxe pola organización sindical que carecen de total fundamento e só poden ser calificadas como de absoluta falsidade.

Para a Consellería, os únicos “cómplices de tanto incendio” son os colectivos e persoas que antepoñen intereses políticos e partidistas aos esforzos por coñecer os auténticos responsables dos incendios que nestes días afectan a comunidade galega. Só cabe polo tanto preguntarse por que motivo o sindicato CIG intenta confundir a opinión pública e desviar a atención sobre os verdadeiros autores dos lumes.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Mediio Ambiente da Xunta de Galicia