Skip to main content

Resumo dos contidos do DOG de 22 de marzo de 2005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

* CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
· Orde pola que se convocan actividades formativas de inglés e de francés para o curso 2005-2006 destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.
· Orde pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas a asociacións de estudantes universitarios, legalmente constituídas, das universidades galegas e se anuncia a súa convocatoria, correspondente ao curso académico 2004-2005.
· Orde pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudos correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
· Decreto polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio 270, da zona de concentración parcelaria de Santiago de Novefontes (Touro-A Coruña).
· Orde pola que se fixa o importe dos anticipos da prima especial ao bovino macho solicitada no ano 2004.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Editorial Compostela, S.A.

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

* CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
· Orde pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia.

* CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
· Orde pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

* CONSELLERÍA DE SANIDADE
· Orde pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego de diversas categorías.

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Orde pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Orde pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

* UNIVERSIDADE DE VIGO
· Resolución pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de teledetección.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

* XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA
· Edicto.

* XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA
· Cédula de notificación de sentenza.

VI. ANUNCIOS

a) Da Administración Autonómica

* CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
· Resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se sinala a data da poxa de bens inmobles.

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
· Resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda pola que se anuncia a licitación do concurso para a concesión da explotación do servizo público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra), polo procedemento aberto.
· Cédula da Dirección Xeral de Urbanismo de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

* CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
· Acordos da Delegación Provincial da Coruña polos que se someten a información pública as peticións de autorización e as aprobacións dos proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial da Coruña polas que se autorizan e se aproban os proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial de Pontevedra polas que se autorizan e se aproban os proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial de Pontevedra polas que se someten a información pública as peticións de autorización das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas pola que se autoriza e se inscribe o Instituto Gallego de Formación y Desarrollo Empresarial, S.L., con número de rexistro EFIG-13, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné profesional de instalador de gas de categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, no ámbito da provincia de Pontevedra.

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
· Resolución pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, das enquisas que se relacionan.

* CONSELLERÍA DE SANIDADE
· Cédula da Dirección Xeral de Saúde Pública pola que se notifica a resolución do expediente sancionador que se cita, por infraccións en materia sanitaria.

* CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
· Resolución da Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca pola que se anuncia a contratación de servizos.
· Cédula da Delegación Territorial de Lugo pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores.
· Cédulas da Delegación Territorial da Coruña polas que se fan públicas relacións de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores.
· Cédula da Delegación Territorial da Coruña pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores.
· Anuncio da Dirección Xeral de Recursos Mariños polo que se somete a información pública a petición de concesión dun parque de cultivo mariño solicitado por Anunciación del Río Romero no Concello de Boiro (A Coruña).

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Resolución da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa aos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos que se citan.
· Resolución da Delegación Provincial de Ourense pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos que se cita.

* CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
· Resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da organización, xestión e execución da campaña para a realización do programa de turismo social 2005.

* CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
· Resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se outorga a autorización ambiental integrada e se formula a declaración de impacto ambiental para as instalacións de fabricación de tella curva no lugar de Lanzá (Mesía, A Coruña), promovidas por Cerámica Verea, S.A.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas a economía social do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a Resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a Resolución de aceptación da renuncia das axudas de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a Resolución de aceptación da renuncia ás axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo do expediente administrativo que se cita.

* AUGAS DE GALICIA
· Resolución pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, do servizo de acondicionamento, mantemento e conservación do dominio público hidráulico das concas de Galicia-costa.

* INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
· Resolución pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da colaboración nos traballos de visitas, inspeccións técnicas de valoracións de vivendas no marco do Programa bolsa de vivenda en alugueiro.
· Cédula da Área Provincial de Pontevedra de notificación de resolución de arquivo ditada en relación co expediente e interesada que se relaciona, devolto polo servizo de correos.
· Cédula da Área Provincial de Pontevedra pola que se notifica a resolución denegatoria do expediente que se cita, a nome de Loreto Costa del Río, de axudas complementarias destinadas a mozos adquirentes de vivendas de protección pública, devolta polo servizo de correos.

* INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO
· Anuncio polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente que se cita.

* INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
· Resolución pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo para a realización da actividade estatística Enquisa da pesca.

* SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
· Resolución da División de Recursos Económicos pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, de adquisición de alta tecnoloxía con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Resolución da División de Recursos Económicos pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, de adquisición de radioloxía convencional con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Resolución da División de Recursos Económicos pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, de adquisición de ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Resolución da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público, para a subministración de material de limpeza e aseo con destino a este complexo hospitalario.

b) Da Administración Local

* CONCELLO DO PORRIÑO
· Anuncio.

* DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
· Anuncio de concurso.
· Anuncio de poxa, con procedemento aberto, para a contratación das obras incluídas en vías provinciais 2005 primeira fase.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia