Skip to main content

Celebración da Misa Crismal

Trátase dun acto de fraternidade e signo da estreita unión e afectividade do Bispo cos sacerdotes e cos diocesanos. A concelebración da Misa, á que asistirán sobre 200 sacerdotes, manifesta a comuñón existente no sacerdocio, entre o Bispo e os seus presbíteros.
O rico significado teolóxico e pastoral desta celebración na vida da Diocese reclama que sexa única, que teña lugar na Catedral e que nela participen o maior número de fieis.
Na Misa Crismal conságranse o Santo Crisma e bendícense os óleos dos catecúmenos e dos enfermos. O Santo Crisma é o óleo perfumado que representa ó mesmo Espírito Santo, que se nos dá xunto cos seus carismas o día do noso bautizo e da nosa Confirmación e tamén na
ordenación dos diáconos, sacerdotes e bispos.
A palabra crisma provén do latín “chrisma”, que significa unción. Así se chama o aceite e o bálsamo mesturados e consagrados polo Bispo para unxir ós novos bautizados e signar ós confirmados.
A Misa, coa consagración do Crisma e a bendición dos Santos Óleos, celebrarase na Sta. Igrexa Catedral, o mércores 23 de marzo ás once da mañá.
Medios de Comunicación Bispado de Lugo