Skip to main content

O Sergas merca aparataxe tecnolóxico para os seus hospitais por máis de cinco millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de 22 de marzo de 2005, tres Resolucións da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polas que se anuncian os concursos públicos para a merca de diverso aparataxe tecnóloxico, por valor de 5.243.035 euros, con destino a diversos hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde.

A primeira das Resolucións, por un importe de 824.000 euros, está referida á adquisición de alta tecnoloxía (sala hemodinámica, equipo radiocirúxico, exploración electrohidráulica e exploración alta intensidade).

A segunda das Resolucións do departamento que dirixe José Manuel González Álvarez refírese, por un importe de 2.725.000 euros, á adquisición de radioloxía convencional (mamógrafos, ortopantomógrafos, equipos portátiles Raxos x, Salas Rx convencionais e equipos Tórax dixitais).

Por último, a terceira das Resolucións que publica o Diario Oficial de Galicia refírese á adquisición de ecógrafos para as seguintes áreas: cardioloxía, vascular, xinecoloxía-obstetricia, dixestivo, uroloxía e radiodiagnóstico, por un importe de 1.694.035 euros.
Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia)