Skip to main content

O conselleiro de Sanidade disporá este ano o proxecto de construcción da fase IV en Montecelo

O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, acompañado polo director xeral da División de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Alfredo García Iglesias, e por membros do equipo directivo do CHOP, mantivo no hospital Provincial unha xuntanza con profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario.

No transcurso do devandito encontro, se trataron diversas cuestións asistenciais do Complexo e quedou patente a firme aposta por parte da Consellería de Sanidade pola potenciación e crecemento do CHOP. Neste senso, González Álvarez subliñou que “debemos acometer de xeito inmediato a Fase IV do CHOP. Estamos a piques de rematar a Fase III e, polo tanto, é necesario traballar xa na cuarta”.

CONVENIO E LICITACIÓN

Neste senso, o titular de Sanidade sinalou que “unha vez que parece que o Concello de Pontevedra acepta a pretensión do SERGAS de terreos para efectuar a ampliación, esperamos que nas vindeiras semana asinemos un convenio e, entón, inmediatamente, sacaremos a concurso a licitación do proxecto da IV fase do hospital Montecelo”.

A Administración sanitaria espera que este ano se poida sacar o concurso de construcción, unha vez que estea rematada a licitación e a execución do proxecto arquitectónico. Deste xeito, as xestións deben continuar coa maior celeridade posible, do mesmo xeito que ocorre co novo centro de saúde de A Parda, que xa ten axudicada a realización do proxecto, que estará dispoñible o vindeiro mes de maio.


FUTURO DAS URXENCIAS NO CHOP

Respecto á planificación de futuro que a Consellería de Sanidade ten para o servizo de Urxencias do CHOP no hospital Montecelo, José Manuel González Álvarez salientou que “se están tomando medidas. Nestes intres se está a trasladar a cafetería de Montecelo a un novo emprazamento. Unha vez se efectúe este traslado, automaticamente se iniciarán as obras de remodelación da antiga cafetería para que sirvan de espacio para Urxencias. En todo caso, pensamos que na Fase IV do hospital vaise emprazar un servizo de Urxencias novo. Entre tanto, repito, o actual espazo de cafetería vaise dedicar para a ampliación do servizo de Urxencias, mentres non temos o definitivo”.

COORDINACIÓN ASISTENCIAL

Durante a xuntanza cos profesionais sanitarios, González Alvarez informou de que a reorganización das áreas sanitarias que o SERGAS está a acometer en Galicia tamén contempla que a área sanitaria de Pontevedra, na que se unificará a dirección de Atención Primaria e Atención Especializada, inclúa a efectos de coordinación asistencial a área do Salnes.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia