Skip to main content

Pesca inviste máis de 1 millón de euros na modernización dos portos de Barallobre, Miño e Mugardos

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, asinou os Plans de Portos de Miño, Barallobre e Mugardos en sendos actos celebrados nas confrarías de pescadores destas localidades. A Consellería de Pesca destina a estes protocolos un orzamento global que supera o 1.080.000 euros. Con este investimento a Xunta de Galicia levará a cabo diversas actuacións orientadas a mellorar as condicións de traballo dos mariñeiros e
mariscadores co fin de optimizar a manipulación e comercialización dos productos. O titular de Pesca do Goberno Galego salientou a importancia destas inversión no tocante "á revitalización dos portos" e manifestou que deste xeito, a Consellería de Pesca acomete un esforzo diario para garantir o futuro dos traballadores da baixura.

Barallobre contará cun edificio de usos múltiples e centro de depuración de moluscos:

López Veiga asinou coa patrona maior, Marisol Arnoso, o Plan de portos de Barallobre, que conta cunha achega inicial superior aos 950.000 euros.

Pesca dotará á confraría de Barallobre dun edificio de usos múltiples co fin de promover a formación e a intensa actividade dos seus asociados. A construcción tamén dará cobertura ás experiencias baseadas na divulgación cultural do mundo do mar e, ao mesmo tempo, servirá para que se poidan realizar tarefas de reparación de embarcacións a cuberto, redundado nunha mellora das condicións laborais destes traballadores.

A Consellería financiou a instalación tamén dunha depuradora e un centro de expedición de moluscos bivalvos que conta con dous módulos de 1.500 quilos cada un, etiquetadora, pesadora e calibradora de moluscos de catro tamaños, entre outro equipamento. Esta infraestructura ofrecerá máis autonomía de comercialización á confraría.

O titular de Pesca anunciou tamén en Barallobre a instalación dun guindastre para izado e varado de embarcacións de ata 8 Tm. Evitando ter que facer esta maniobra na praia e nas ramplas. Co fin de mellorar e facilitar a tarefa de control da actividade marisqueira e pesqueira, o pósito barallobrés contará cunha partida de equipamento para vixilancia.

Acondicionamento do punto de control de O Pedrido:

Na vila de Miño, López Veiga rubricou o plan de porto coa súa patrona maior, María Xosé Crespo. O Goberno Galego investirá nesta actuación máis de 32.000 euros.

Pesca promove o acondicionamento do punto de control situado na Ponte do Pedrido. A actuación supoñe unha reforma interior que garante unhas condicións hixiénico-sanitarias idóneas para o almacenamento e venda dos productos da actividade extractiva, así como a dotación de servizos sanitarios para os asociados. Esta reforma posibilita que a confraría poida utilizar o edificio como punto de venda, xa que o 90% da producción deste pósito procede dos banco de O Pedrido. Así, os profesionais gañan en comodidade ao evitar o transporte ata a lonxa, efectuando ao memos tempo, un mellor control das extraccións.

Por otra banda, Pesca dotará á confraría dun remolque isotermo dacordo coa normativa actual e co fin de acadar unha mellora nas condicións do traslado do recurso.

Melloras no punto de A Barca e novo punto de control e venda da Casa do Reló:

Trala presentación de Miño, o conselleiro de Pesca acudiu a Mugardos para asinar coa patrona maior, Teresa Carnero, o Plan do Porto desta localidade, que contará cun presuposto inicial superior aos 101.000 euros.

Cómpre suliñar a importante actuación para a posta en marcha do novo punto de control e venda que substituirá á Casa do Reló. Esta habilitación integral podibilitarán unaha mellora nas condicións hixiénico-sanitarias da zona destinada á venda de moluscos bivalvos.

Entroutras infraestructas, o protocolo inclúe a instalación de cámaras frigroríficas, e unha máquina de xeo para que as capturas trasladas do barco e, despois do clasificado, conserven as mellores condicións ata á venda na lonxa de destino.

A sinatura do Plan de Portos de Mugardos permitirá á confraría contar cunha nova cámara de conxelación para a flota pesqueira, adicada maioritariamente á arte das nasas. Isto posibilitará a compra masiva de carnada cando as condicións de mercado sexan as máis ventaxosas, o que levaría consigo un importante aforro ao poder conservala. Pesca dotará
tamén ao pósito dun vehículo isotermo para o transporte do recurso.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia