Skip to main content

Presidencia e a Egap organizan varios cursos de prevención de riscos laborais para este ano

Un primeiro curso básico en prevención de riscos laborais constará de cinco edicións e cincuenta horas lectivas e estará destinado á formación para os membros dos comités de seguridade e saúde laboral baixo a modalidade “a distancia”.

Un segundo curso básico en prevención de riscos laborais destinaráse ós membros dos comités de seguridade e saúde laboral e tamén para o resto do persoal da Administración Xeral da Xunta de Galicia, cunha duración de trinta horas lectivas.

Prevención de riscos laborais: plans de emerxencia, de 40 edicións e 15 horas lectivas, será o terceiro dos cursos previstos para este ano 2005 e trátase básicamente de cursos teórico-prácticos en materia de extinción de lumes e primeiros auxilios para proceder a implantar os plans de emerxencia e evacuación nos centros de traballo nos que esté programado para este ano, formando ós grupos de acción (equipo de alarma e evacuación, equipo de primeira intervención e equipo de primeiros auxilios).

Músculo-esqueléticos

Habrá outro curso de prevención de riscos músculo-esqueléticos, destinado a aqueles traballadores que manipulan cargas, mobilizan pacientes ou realizan movementos repetitivos, das distintas consellerías da Xunta; e outro baixo a denominación xenérica de cursos de laboratorio, pensado para todo o persoal que presta servizo en contacto con sustancias químicas nos laboratorios da Xunta de Galicia.

Este protocolo de colaboración tamén permitirá impartir ó longo deste ano un curso de formación para traballadores de limpeza da Xunta de Galicia, outro de formación para o persoal de cociña e, finalmente, un terceiro sobre a manipulación de productos fitosanitarios e ferramentas e maquinaria de xardinería e forestal.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia