Skip to main content

Rematan os cursos de especialización para mozos galegos no exterior 2005

Os rapaces, que proceden de dezaseis países distintos, e de dez Autonomías, celebrarán un acto de clausura deste tempo de convivencia e aprendizaxe, nas mesmas instalacións que acolleron ó grupo desde o pasado día 21 de marzo, as do Monte de Gozo de Santiago. Durante a celebración do peche, os participantes recibirán de mans do conselleiro de emigración, Aurelio Miras Portugal, cadanseu diploma e compartirán unha cea cun espectáculo feito por eles mesmos. Os participantes das diversas modalidades interpretarán pezas musicais, bailarán os últimos pasos aprendidos e porán en escea un fragmento dunha obra de teatro.

O obxectivo principal destes cursos é a dinamización e o fomento das actividades culturais e deportivas que realizan as entidades galegas no exterior, mediante a motivación e actualización de coñecementos dos seus monitores, dentro dunha actividade intercultural e de relación con Galicia e con membros das distintas comunidades galegas do mundo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Emigración da Xunta de Galicia