Skip to main content

O director da Casa de Galicia en Madrid desprázase ata o hospital de La Zarzula

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, pediulle ao director da Casa de Galicia en Madrid que se traslade ata o Hospital da Zarzuela, onde están sendo atendidas a maior parte das víctimas deste sinistro para ofrecerlles todo o apoio por parte do Goberno galego e toda a axuda que precisen. Desde a Xunta de Galicia tamén se está en permanente contacto coa Xerencia do Hospital da Zarzuela, quen informa puntualmente sobre o estado e a evolución dos feridos.

O autobús sinistrado, que realizaba o traxecto Ourense-Madrid, volcou nun dos accesos da A-6 á capital española.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia