Skip to main content

Medio milleiro de mozos e mozas participaron no concurso “Apúntate unha idea, desmonta o alcohol”, organizado polo Concello de Ourense

O concurso é unha iniciativa para a prevención e a promoción de estilos de vida saudables entre a mocidade. Convídaballes a presentar traballos que leven a desmitificar e ou corrixir percepcións erróneas sobre o alcol, e as presións para o seu consumo. O tema desta quinta edición é Por que a lei prohíbe beber alcohol aos menores?, para contribuir a desmontar a crenza da normalidade de consumir bebidas alcohólicas.

O certame contou coa participación de 454 mozos e mozas de 11 centros educativos, cunha media de idade de 13,6 anos. A maioria, 352 realizaron traballos individuais e outros 36 en grupos

En total, presentaron 849 traballos, nas 5 categorías exisitentes: 280 lemas, 260 imaxes, 171 microrrelatos, 130 accións e 8 clipmetraxes.

O alcalde felicitou a mozos e mozas por participar neste certame e realizar propostas tan interesantes para expresar as súas opinións sobre esta temática. “A creatividade é unha capacidade marabillosa para entender o mundo e para cambialo. Este concurso nos demostra que os alumnos de Ensino Secundario de Ourense están cheos desta enerxía e que o futuro que agora debuxades, gravades en vídeo ou escribides será un mundo mellor para vivir”, asegurou, animando o alumnado a seguir participando nas próximas convocatorias deste concurso.

PREMIADOS E PREMIADAS NAS DIFERENTES CATEGORÍAS

1. SLOGAN

- Premio: Adriana Rodríguez Novo (14 anos, C. Padre Feijoo) O alcohol non conta, desconta!
- Accésits : Enma Romero Diz e Dinara Rodríguez Seara (12 anos, C. Luis Vives): “Alcohol e menores, danos maiores” e María Ferreiro Rodríguez (C. 13 anos, C. Divina Pastora): “ Escapa, el alcohol atrapa”

2. ACCIÓN

- Premio: Pablo Freire Gullón (13 anos, C. Luis Vives): Facer un mural cun neno de cada colexio de Ourense e colocalo na parte máis concurrida da cidad.

3. IMAXE

- Premio: Paula Fernández Labrador (15 anos, C. San José)
- Accésits: Helena Da Costa San Martñub (15 anos, IES Blanco Amor) e Lúa Domínguez Grande (12 anos, IES O Couto)

4. MICRORRELATO

-Premio: Sofía Pombar Rodríguez (12 anos, Salesianos)
- Accésits: Andrea Santana Aragón (15 anos, C. Padre Feijoo e Yurena Rey Fernández (15 anos, IES Blaco Amor)

5. CLIPMETRAXE

- Premio Popular: Hugo López Carballo (13 anos, IES Otero Pedrayo) Merece a pena?
- Premio Xurado: Iker Fernández Villar (15 anos, IES O Couto) Non pidas, busca respostas
- Premio de Aula do Xurado: 4º ESO A (C. Padre Feijoo) Mellor sen alcohol porque......
- Accésits: Eva Outeiriño Fernández e María Lozano González (13 anos, IES Otero Pedrayo): “Non te deixes levar”, Victor Telmo Rodríguez (C. Cardenal Cisneros) “Eles non pensan!!!”

Concello de Ourense