Skip to main content

Galicia Calidade promocionará a gastronomía galega e os produtos certificados no festival de Cans

Posteriormente terá lugar un coloquio sobre cinema con Fernando Trueba. O mesmo barista fará o propio ás 17.00 horas no segundo dos coloquios cinematográficos, neste caso coa directora Gracia Querejeta.

Galicia Calidade tamén colabora coa organización do festival, ao ofrecer a comida e a cea oficial que brindará aos seus convidados, elaborada polo chef Kike Piñeiro, propietario de A horta do Obradoiro, en Compostela, recentemente recoñecido co Big Gourmand. Os menús estarán elaborados con produtos alimentarios das empresas que contan co selo de garantía Galicia Calidade.

Entre as empresas certificadas por Galicia Calidade que van estar presentes na degustación atópanse Coren, Jealsa, Rosa de los Vientos, Pazo de Vilane, Torre de Núñez, Queixería Cas Leiras, Lácteos Anzuxao, Granja Campomayor, A Pementeira, Avícola de Galicia, Conservas A Rosaleira, Puerto de Celeiro, Ingapán, Hornos San Fiz, Jamones González, Mondariz e Feiraco. Ademais esta degustación de produtos estará maridada cos viños de HGA Bodegas, coas súas marcas Altos de Torona e Regina Viarum.

Galicia Calidade conta na actualidade con 104 empresas e máis de 350 produtos certificados, onde o sector alimentario e turístico suman gran parte das certificacións. Nos últimos anos o incremento de empresas certificadas foi significativo, cunha achega a sectores galegos importantes como a xeotermia, o granito ou a planta ornamental.
Evento singular

O Festival de Cans, que cumpre a súa XV edición, é un evento singular de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante e outras proxeccións cinematográficas, que se celebra o terceiro domingo do mes de maio, na parroquia homónima de Porriño. Durante a súa celebración, a aldea transfórmase, xa que as salas de proxección son as as adegas, galpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas, que os veciños poñen a disposición do festival.
Galicia Calidade