Skip to main content

Galicia non asumiu ningunha transferencia dende a chegada dos socialistas ó Goberno do Estado

O portavoz do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, minte descaradamente cando afirma que dende a chegada ó poder dos socialistas producíronse tres traspasos. A realidade, que o señor Touriño manipula de xeito deliberado, é que os únicos tres traspasos producidos no ano 2004 asináronse na Comisión Mixta de Transferencias celebrada o 18 de Febreiro de 2004, é dicir, co Goberno do PP en Madrid.

Dende que os socialistas tomaron posesión non se producíu ningún traspaso a Galicia, tan só se continuaron negociacións xa abertas co anterior goberno para o traspaso do ISM (Instituto Social da Mariña), que foron notablemente ralentizadas xa que, a pesares de estar preto dun acordo, o novo goberno socialista reprantexou dende cero toda a negociación.

O Goberno socialista sí acelerou en cambio os correspondentes traspasos ás comunidades autónomas de Cataluña e Andalucía, coas que xa celebrou dúas Comisións Mixtas de Transferencias (o 28 de Maio de 2004 con Cataluña e o 10 de Xuño de 2004 con Andalucía). Unha vez máis privilexia ós seus amigos de xeito partidista.

MARXINAR A GALICIA

Ademáis, o Goberno socialista marxinou a Galicia porque a nosa comunidade autónoma foi a segunda en recibir ó ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, (o 6 de Maio) e prantexarlle as reivindicacións correspondientes.

Incumpríu igualmente o seu propio compromiso, expresado en carta do Secretario de Estado o 17 de Xuño de 2004, de convocar de inmediato a Comisión Mixta. Ésta aínda non foi convocada por falta de resposta ás demandas de Galicia.

Touriño está a engañar a opinión pública galega ó reclamar que as demandas competenciais que a Xunta está a realizar deberían ser previamente concertadas no Parlamento. Él mesmo e o PSdeG-PSOE xa as votaron favorablemente en máis dunha ocasión, a última no debate sobre o Estado da Autonomía de 5 de Outubro de 2004 (xa co novo goberno socialista en Madrid).

Precisamente nese debate aprobouse unha proposta de resolución, cos votos favorables do PP e do PSdeG-PSOE –incluido o do señor Touriño- e a abstención do BNG, na que o Parlamento instaba á Xunta, literalmente, a que reitere ante a Administración Xeral do Estado a apertura de negociacións, coa maior brevedade posible, para o traspaso das trinta e dúas materias pendientes recollidas no documento “Desarrollo institucional del Estado y del ámbito competencial de Galicia”, que lle foi entregado polo Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, ó ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, o 6 de Maio de 2004.

O compromiso do Goberno da Xunta co desenvolvemento autonómico é claro e ponse de manifesto no feito de que Galicia, en contraposición ó que di o señor Touriño, asumíu importantísimos traspasos, 46 nos últimos oito anos, fruto das negociacións co Goberno do PP no Estado.

Nesta última lexislatura, Galicia asumíu importante capacidade normativa en materia tributaria, metrolóxica e sobre o protectorado das academias. A valoración material dos traspasos suma 10.775.343 euros e non, como asegura Touriño, 5.510 euros.

POLÍTICA COHERENTE

O actual goberno da Xunta mantén, dende 1990, unha política de desenvolvemento competencial coherente. Naquel momento elaborou e presentou ante o Parlamento (ano 1992) un amplo documento en 12 tomos sobre “Administración Única”, no que se prantexaba o gradual traspaso a Galicia de máis de cen competencias.

Dende entón, con independencia da cor política do Goberno central, mantén esas reivindicacións e, como poñen de manifesto os datos, os gobernos socialistas non se teñen distinguido por ter impulsado o proceso.

Resulta lamentable, unha vez máis, que Emilio Pérez Touriño recurra á mentira e á manipulación para intentar xustifica-los incumprimentos e esquecementos do Goberno socialista con Galicia, que desgraciadamente fanse ostensibles tamén en materia de transferencias.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia