Skip to main content

Santiago acolle a Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento a partir do 14 de abril

Manuel Fraga, titular do Goberno galego, presidiu o acto de presentación da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, iniciativa que se enmarca dentro do programa Galicia, camiños de concordia, que promovido pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, se desenvolverá ao longo deste ano en diferentes puntos da xeografía galega. Á presentación desta Conferencia, que a partir do 14 de abril reunirá en Compostela a preto de 300 participantes de todo o mundo, asistiu, ademais do máximo mandatario galego, o que fora director xeral da UNESCO durante 12 anos e actual presidente da Fundación para una cultura de paz, Federico Mayor Zaragoza, a quen Manuel Fraga agradeceu expresamente a súa presencia no acto. Participaron ademais nesta presentación o presidente do Parlamento de Galicia; o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo; o alcalde de Santiago; e o director da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, ademais de representantes das distintas forzas políticas, sociais e sindicais galegas.

Polo tanto, os valores da concordia, o diálogo, a paz e a solidariedade daranse cita en toda Galicia ao longo deste ano 2005. En concreto, o programa Galicia, camiños de concordia estrutúrase en catro liñas básicas de acción. Dunha banda, a Conferencia Mundial para Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, presentada hoxe, e que se desenvolverá ao longo dos meses de abril e maio “baixo os auspicios da Organización de Nacións Unidas e da UNESCO”, tal e como lembrou Manuel Fraga.

En segundo lugar, durante os meses de xuño e xullo, as sete grandes cidades galegas acollerán unha serie de encontros temáticos que contarán coa presencia de relevantes figuras internacionais e de personalidades galegas de renome nos eidos do pensamento, a ciencia e a cultura. “A súa finalidade será analizar, explorar e propoñer novas vías para lograr a concordia, a través da palabra, a política, a sociedade, as artes, a ciencia, o medioambiente, o pensamento e a música”, sinalou o presidente da Xunta.

EXPOSICIÓN EUCARÍSTICA E AULA MÓBIL

Os seis últimos meses do ano, a catedral de Ourense será a sede principal dunha exposición eucarística que mostrará unha parte significativa do patrimonio artístico galego en relación ao do conxunto de España e ao portugués. Esta exposición, enmarcada tamén dentro de Galicia, camiños de concordia, coincide coa celebración do Ano Eucarístico Internacional.

Finalmente, un aula móbil percorrerá ata un total de 144 municipios galegos co fin de achegar aos cidadáns o mundo das tecnoloxías da comunicación e da información. Estes catro eixes temáticos configuran, segundo salientou o presidente da Xunta, a programación dunha iniciativa na que se abordarán “os grandes problemas do noso tempo e as súas posibles vías de solución”.

CONFERENCIA MUNDIAL

No marco da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, hoxe presentada, celebraranse un total de nove congresos internacionais nos que se analizarán diversos aspectos. Así, o primeiro destes congresos versará sobre A violencia e os seus contextos; o resto terán como eixes O deporte ao servizo da paz e a concordia; Concordia e violencia: unha reflexión filosófica para o mundo de hoxe; A educación universitaria na construción dun mundo solidario e en paz; Familia: presente e futuro do seu papel na saúde e o benestar; Santiago e o seu camiño, símbolos de solidariedade e de concordia; Educación e cultura de paz; ONGs e transformación social no século XXI; e Relixión, diálogo, paz, solidariedade e desenvolvemento.

Con anterioridade e, tamén paralelamente á celebración destes congresos, Santiago acollerá unha serie de actividades culturais e relixiosas que enriquecerán a programación proposta na Conferencia tales como o denominado Encontro de Culturas, onde participarán agrupacións iberoamericanas e galegas; ciclos de cine; un encontro interrelixioso; unha vixilia pola paz; e a creación dunha Cátedra sobre a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento na Universidade de Santiago de Compostela.
DIFERENTES INSTITUCIÓNS

A Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento está patrocinada e organizada pola Xunta de Galicia pero conta coa participación, como xa se sinalou anteriormente, da Organización de Nacións Unidas e da UNESCO, ademais da de diversas institucións da Comunidade Autónoma como o Consello da Cultura Galega, as tres Universidades, a Real Academia Galega ou a Real Academia das Ciencias, entre outras. Como preludio a todos os congresos, que se desenvolverán durante os vindeiros dous meses, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia acolle hoxe, a partir das 20 horas, o denominado Encontro de Culturas, no que intervirán as agrupacións Cien voces de los Hermanos Zavala (México) e Nova Galega de Danza (Galicia).

PRAZA OU AVENIDA DA CONCORDIA

Na súa intervención, o presidente da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, Federico Mayor Zaragoza, salientou que os valores da paz, da concordia e a solidariedade constitúen os piares do futuro. Por iso manifestou o seu desexo de que estas xornadas, que se van a celebrar en Santiago e noutras partes do mundo, contribúan a “enderezar algúns aspectos da sociedade actual para poder ofrecer ás xeracións futuras un espazo no que poidan disfrutar desta marabilla que é estar vivindo e facelo en paz”. Así mesmo, Federico Mayor Zaragoza amosouse confiado en que esta iniciativa será un éxito e asegurou que “a paz, a solidariedade e o desenvolvemento son as mellores mensaxes que Galicia pode envíar non só a España senón tamén ao mundo enteiro”.

Pola súa banda, o director xeral da Conferencia, Agustín Dosil expresou o seu desexo de que a partir da celebración deste foro, Santiago se recoñeza tamén como capital da paz, pois con esta iniciativa de carácter mundial ponse de manifesto unha vez máis a súa dimensión “de cidade de encontro e de paz, de xentes e de pobos, na que se forxou a Europa que hoxe coñecemos”. Por último, Agustín Dosil indicou que lle gustaría que como broche final desta Conferencia unha praza ou avenida da cidade compostelá se denomine Concordia, desexo ao que tamén se sumou o presidente da Xunta.

INTERVENCIÓN DEL PRESIDENTE DE LA XUNTA EN EL ACTO DE PRESENTACIÓN DE LA CONFERENCIA MUNDIAL PARA LA PAZ, LA SOLIDARIDAD Y EL DESARROLLO

-“Se pone en marcha un ambicioso programa: Galicia, caminos de concordia. Para este año 2005 se han programado diversas actividades que tendrán por finalidad la reflexión amplia –intelectual y social- sobre todos los temas que tengan que ver con ese principio básico de la convivencia en el mundo y entre los seres humanos, elemento que con indudable tesón certifican, año tras año, los millones de peregrinos que deciden caminar hasta Santiago de Compostela”.

-“La Xunta de Galicia abordará cuatro líneas básicas de acción: por una parte, la Conferencia Mundial para la Paz, la Solidaridad y el Desarrollo que hoy presentamos y que se llevará a cabo en esta ciudad de Compostela durante los meses de abril y mayo, organizada por el Gobierno de Galicia, bajo los auspicios de la Organización de Naciones Unidas y de la UNESCO”.

-“En segundo lugar, en los meses de junio y julio, las siete ciudades gallegas serán la sede de una serie de encuentros temáticos de una semana de duración cada uno, que contarán con la presencia de grandes figuras internacionales además de personalidades gallegas del pensamiento, la ciencia y la cultura. Su finalidad será analizar, explorar y proponer nuevas vías para lograr la concordia, a través de la palabra, la política, la sociedad, las artes, la ciencia, el medioambiente, el pensamiento y la música”.

-“La tercera cita será, a partir de junio y hasta final de año, la Exposición Eucarística que tendrá como sede principal la catedral de Ourense”.

-“Y, finalmente, en 144 municipios gallegos se establecerá una verdadera red de concordia apoyada en las nuevas tecnologías. Un aula móvil se instalará en las plazas más emblemáticas de media Galicia desde la que cualquier ciudadano pueda acercarse al mundo de las tecnologías de la comunicación y de la información”.

-“Estos son los ejes temáticos de unas semanas dedicadas a fijar, para el siglo XXI y las generaciones que nos sucedan, los grandes problemas de nuestro tiempo y sus posibles vías de solución”.

-“Quiero agradecer la presencia de don Federico Mayor Zaragoza en este acto, así como la colaboración y el apoyo que nos está prestando para llevar a buen término esta Conferencia. También quiero mostrar mi gratitud y reconocimiento a cuantos están trabajando y aportando su grano de arena para llevar a buen puerto una programación que pretende convertir a Galicia en la cita de la Concordia, el Diálogo, la Paz y la Solidaridad en este año 2005”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia