Skip to main content

A Consellería de Pesca convoca ó Consello Galego de Pesca para buscar solucións á subida do gasóleo

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos convocou unha reunión especial do Consello Galego de Pesca para analizar posibles medidas para paliar a subida do precio do
gasóleo. Esta sesión , de carácter monográfico, terá lugar o día 8 de abril en Santiago de Compostela.

Está previsto que o Consello Galego de Pesca nomee unha comisión ad hoc
que será a encargada de analizar a situación creada polo aumento do precio
do combusitible e propor as posibles iniciativas a tomar por parte das
diferentes administracións para compensar ó sector pesqueiro.

Deste xeito, a Consellería de Pesca, aínda que carece de competencias
directas sobre os precios dos combustibles, quere manter abertos as canles
de comunicación cos representantes do sector pesqueiro galego para buscar
alternativas coordinadamente e deste xeito poder trasladalas as diferentes
administracións.

A convocatoria da próxima reunión foi remitida esta mañá a
representantes das confrarías de pescadores, sindicatos (CIG, UGT, CC.OO),
armadores e da administración.

O Pleno do Consello Galego de Pesca está formado por 50 membros, baixo a
presidencia do conselleiro de Pesca. Intégrano, ademais, un director xeral
da Consellería de Pesca, seis vocais en representación das Federacións
Provinciais de Confrarías, outros seis en representación dos sindicatos;
dous vocais por cada Comisión Sectorial do Consello e seis membros
representado ós sectores empresariais extractivo, conserveiro,
comercializador e da industria de transformación.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia