Skip to main content

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou durante 2017 preto de 238.000 incidencias



O director xeral de Emerxencia e Interior, fixo fincapé no total de chamadas recibidas que chegou a 1.014.103 reducíndose en pouco mais de 80.000 respecto o 2016 concluíndo que a cidadanía fai cada vez mais un uso responsable do numero único europeo de emerxencias 112. As chamadas para asistencias sanitarias as de presentan maior volume chegando a un 27.62 % do total, seguidas das incidencias por animais debido os avisos de enxames de avespa velutina chegando a 25.240 avisos mais dun 48 por cento do ano anterior.

Ademais, o xerente da Axega destacou o traballo que se levou a cabo a través do CIAE 112 Galicia, tomando parte activa nos 187 simulacros que se realizaron supoñendo un 10 por cento mais que en 2016, así como a labor de campo que fixo o persoal do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) nos distintos simulacros, dispositivos de seguridade e visitas de concienciación e coñecemento do CIAE-112, así como nas labores de busca de persoas coa unidade de Drons e o apoio que fixeron dirante os incendios forestais do 2017.

Dentro das actividades desenvolvidas destacan as adquisicións de materiais para dar servizo os diferentes grupos operativos entre as que están 180 desfibriladores, 30 pértegas para a loita e control da avespa asiática, equipos de excarcelamento, 30 vehículos para intervencións de medio ambiente da unidade da Policía Autonómica, unha bomba de achique portátil de alta capacidade e 14 embarcacións para augas interiores, entre outras.

Sobre as principais actuacións en curso para este ano, Luis Menor destacou catro liñas principais nas que se está a traballar. A primeira é o novo contrato do Centro que pasa a ter 93 traballadores, melloras tecnolóxicas, melloras en protocolos operativos e priorización de chamadas para responsables municipais e o desenrolo dun plan de comunicación de emerxencia para Galicia baseado na rede Resgal.

A segunda ten que ver cunha das prioridades da Axega que é a prevención para isto estase a traballar en redes sociais con consellos preventivos en facebook e Twitter co hashtag #sentidiño, ademais de xornadas en visitas de prevención e concienciación.

A terceira e a mellora formativa para servizos operativos en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública ( AGASP) para mellorar o coñecemento que os diferentes servizos teñen do material e funcionalidade do Grupo de Apoio Loxístico, do sistema de comunicacións de emerxencia de Galicia e dos diferentes plans de emerxencia e autoproteción da nosa Comunidade autónoma.

A cuarta a adquisición de material a través de fondos Feder e Poctep e fondos propios para reforzar a capacidade operativa dos diferentes servizos de emerxencia destacando a compra de equipos de excarceramento, vehículos para intervencións de medio ambiente da Policía Autonómica, motos acuáticas de rescate, vehículos anfibios para rescates en auga e neve, furgonetas de útiles varios para servizos de emerxencia, dron, autobomba rural etc.
Axencia Galega de Emerxencias