Skip to main content

GaliciaDigital prepara unha web sobre a Academia de Vilalba

Como cada ano (este, xa é o décimo), exacadémicos desta institución vilalbesa se xuntan nunha comida, preténdese que a web se poña en funcionamento con motivo desta celebración, que terá lugar o próximo 29 de agosto, no Restaurante Montero de Vilalba.

A web, que recibirá aportacións de todos os que queiran aportar lembranzas ou testemuñas, irá conformándose e medrando segundo vaia recibindo achegas de todos os que conserven papeis e recordos da antiga Academia.

Prégase que todas as aportacións ou suxerencias se fagan chegar ao correo electrónico xulio@galiciadigital.com.
GaliciaDigital