Skip to main content

Resolto o concurso de anteproxectos para o Centro Comarcal de Noia

O xurado estivo presidido polo Conselleiro Delegado da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e coa asistencia do Alcalde do Concello de Noia e de técnicos do Concello de Noia, da Dirección Xeral de Patrimonio, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e da Sociedade Comarcal.

Destaca deste concurso a participación que acadou o número de 24 propostas e a notable calidade dos traballos presentados.

Do proxecto gañador é salientable a axeitada integración da solución na fachada do casco histórico de Noia, a riqueza espacial interior, a utilización de materiais tradicionais cunha nova linguaxe e a disposición ás necesidades funcionais destes Centros.

Todo isto constitúe un anteproxecto arquitectónico de calidade, a altura do valor do casco histórico da vila de Noia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia