Skip to main content

Santiso Miramontes valorará a posibilidade de colaborar co programa arxentino Pro Huerta

Este programa, con máis de catorce anos de desenvolvemento, baséase na capacitación progresiva, na participación solidaria e no acompañamento sistemático das accións no terreo, resultando estratéxicos a intervención activa do voluntariado e de redes de organizacións da sociedade civil.

Os obxectivos do programa son complementar a alimentación, mellorar a calidade da dieta e o gasto familiar en alimentos, promover a participación comunitaria na produción de alimentos e pequenas alternativas produtivas agroalimentarias e xerar tecnoloxías apropiadas para a produción e promover.

MEDIDAS E BENEFICIARIOS

Para acadar estes fins levase a cabo unha estratexia que inclúe unha serie de medidas como son a capacitación de promotores, asistencia técnica, xeración e validación de tecnoloxías, articulación interinstitucional e provisión de bens. A poboación que se beneficia de Pro- Huerta é a que se atopa nunha situación de vulnerabilidade social, como as familias urbanas e rurais situadas baixo a denominada “liña de pobreza”, e especialmente as familias con nenos menores de 14 anos, mulleres embarazadas, desnutridos, discapacitados e os adultas maiores de setenta anos que viven en condicións socialmente desfavorables.

No ano pasado este programa tiña cuberto un número de poboación que ascendía a 3,5 millóns de persoas, presentes en 3.800 localidades y barrios e cunha cooperación desde máis de 8.900 institucións asociadas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia