Skip to main content

No Centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, Conferencia de Justo Beramendi

Cúmprese este 2018 o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, que se considera a "Acta de nacemento do nacionalismo galego".

Con este motivo, o Ateneo galeguista de Lugo programa unha conferencia do Catedrático Emérito de Historia Contemporanea da U.S.C, Justo Beramendi, que se celebrará na Biblioteca Nodal (Avenida de Ramón Ferreiro), ás 19,30, con entrada libre.

Dase a circunstancia de que o Profesor Beramendi, en unión doutros especialistas, xa participou hai trinta anos en Lugo, na conmemoración dos "70 anos do nacionalismo galego" que organizara o Concello, do que daquela era alcalde Vicente Quiroga Rodríguez.
R.