Skip to main content

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá pretende convertirse en Fundación para garantir o futuro da Semana Internacional de Cine de Autor, da que leva organizadas 40 edicións

Por outra banda, o Grupo organizador podería transformarse en Fundación, incorporando a esta aos representantes das entidades copatrocinadoras.

O Grupo Fonmiñá ten sinalado que, revisada a traxectoria destes 39 anos desde o comezo da celebración e as posibilidades futuras do Certame, parécelle oportuno que á vez que xa se está a traballar na edición XLI, se planifique o futuro para facer a Semana máis forte, popular e participativa.

Un dos primeiros temas a abordar, foi a do calendario da Semana, xa que o mes de setembro non é o máis propicio para a organización, tendo en conta que os meses de xullo e especialmente o de agosto son inhábiles para calquera trámite, obrigando a pechar a programación a comezos de xuño co que se perde a actualidade cinematográfica, e estimando que podería ser bo momento para as próximas Semanas a segunda quincena de outubro, como prolongación das Festas de San Froilán, e tendo xa comezado o curso na Universidade, co que se amplía o abano de cinéfilos que poden asistir ás proxeccións. A próxima Semana podería celebrarse do 21 ao 26 de outubro de 2019.

E polo que ao futuro se refire, o Grupo Fotocinematográfico está estudiando a posibilidade de transformar a actual Asociación na Fundación Fonmiñá, que agarda poida ser declarada “De Interese Galego”, e na que teñen a intención de invitar a estar representadas as Institucións oficiais patrocinadoras –Deputacion Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela,Campus de Lugo- para someter calquera decisión importante ao criterio das entidades que posibilitan que a Semana de Cine de Lugo sexa o Certame máis antigo de Galicia, e goce dun ben gañado prestixio.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá