Skip to main content

Premian a excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais

Os de excelencia, un para cada área de coñecemento, recaeron en Irene Gómez Ces, estudante de Historia da Arte que fixo a súa estadía en Florencia (Italia); Tomás Otero Casal, de Matemáticas, cunha mobilidade en Southampton (Inglaterra); a estudante de Medicina Estrela Caamaño Alonso, que estudou en París (Francia); Sonia Tarrío Frecha, do grao en Pedagoxía, cunha estadía en Bolonia; e o alumno do Mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos Ángel Estévez Alonso, que estudou en Amsterdam (Holanda). Todos e todas son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.

Na cerimonia, na que tamén participou o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce, entregáronse tamén os recoñecementos á promoción da USC en destinos internacionais. Nesta ocasión foron para Laura Balboa Mejuto e Marcos Mario Miguens Martínez, con estadías en Bolonia e Porto, respectivamente.

Os sete coincidiron en resaltar a experiencia vital que supón estudar nun país estranxeiro, con idioma e cultura diferentes pero tamén con similitudes en moitos aspectos. O reitor, que á vista dos resultados académicos dos premiados incidiu na desmitificación da idea de que unha estadía de mobilidade é algo “lúdico”, aplaudiu que todos eles valorasen moi positivamente a organización académica da USC, a pesares de que en xeral non tiñan queixas das súas estadías. Moi ao contrario, mostrábanse moi satisfeitos de ter marchado fóra a estudar.
Universidade de Santiago de Compostela