Skip to main content

O Incibe e a Amtega colaborarán para formar ás pemes en ciberseguridade

Pereira destacou esta xornada non é una iniciativa illada senón que se enmarca nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega para achegar a tecnoloxía ás pemes e que no seu programa de actividades ten previstos máis seminarios, xornadas, e demostracións vinculadas á ciberseguridade cun enfoque práctico e accesible para que pemes e autónomos coñezan as posibles opcións para abordar esta cuestión.

A oferta en ciberseguridade para empresas reforzarase en 2019 cunha nova edición do Programa Reacciona TIC. en colaboración co Igape que, entre os novos servizos que ofrecerá estarán os orientados ao ámbito da ciberseguridade nas pemes.

Ademais, a responsable autonómica avanzou que a Amtega asinará un convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade para desenvolver novas liñas de formación e ofrecer novos servizos para as pemes.

Peme segura

A xornada conta durante a mañá con dous relatorios a cargo de dous expertos na materia, Luis Hidalgo, de INCIBE, e Enrique Serrano (https://www.enriqueite.com/), cofundador de Mundo Hacker. A xornada matutina rematará cunha mesa temática na que especialistas galegos tratarán temas como o novo regulamento de protección de datos, os novos servizos de seguridade, a seguridade en contornos industriais ou os incidentes de seguridade.

A ciberseguridade na túa casa

A sesión da tarde, “Ciberserguridade na túa casa: ciberseguridade para tod@s” abordará estes temas como o sexting, a ciberviolencia de xénero o ciberbullyng ou a fraude dixital da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Así, a asociación Pantallas Amigas; Fernando Villar, formador da Garda Civil; ou Carlos Pérez, CISO de Abanca, compartirán con todas as persoas asistentes as medidas de protección máis apropiadas para salvagardar os nosos pequenos e pequenas e a nosa identidade dixital, ou para facer un uso responsable de internet así como evitar fraudes dixitais, como o hackeo das tarxetas de crédito ou o roubo de información sensible.

17 actividades da Coruña ao Gaiás

A xornada de ciberseguridade é unha das 17 actividades coas que a Axencia pública autonómica contribúe coa vocación da Mobile Week de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade. Entre o 21 e o 28 de novembro as aulas CeMIT de Abegondo, Betanzos, Sada e A Coruña acollerán cursos e obradoiros de alfabetización dixital, formación específica sobre o uso dos servizos dixitais, programación Scratch, busca de traballo en internet e charlas divulgativas sobre os novos perfís dixitais.

As actividades complétanse con visitas ao Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, o Corazón Dixital de Galicia para o que os interesados se poden inscribir a través do enderezo electrónico cemit@xunta.gal.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia