Skip to main content

Max Jean Zins afonda este martes na Casa do Saber na figura e na obra de Gandhi no ciclo 'Unha viaxe por España a través da India'

Trátase dun programa de relatorios a través do que Max Jean Zins reflexiona sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratará outras problemáticas análogas en ambos territorios.

O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, explicará nesta sesión o profundo carácter e identidade hindú de Ganhi, quen defendía a idea de que se el actuaba ben, o resto da sociedade ía a facer o mesmo, un comportamento que tamén lle resultaría proveitoso cara a conseguir os seus obxectivos.

Alén de abordar o presunto ‘egoísmo’ de Gandhi, Max Jean Zins tamén tratará neste relatorio sobre a cultura da non violencia, unha das máximas defendidas por este relevante persoeiro hindú na súa particular batalla contra os colonizadores ingleses.
Universidade de Santiago de Compostela