Skip to main content

Unha veintena de operarios traballan na montaxe do pavillón que albergará parte da exposición xeral do SIS

A estrutura, que xa ten prácticamente ultimado o seu esqueleto de aceiro, ocupará unha superficie duns 3.600 metros cadrados, que se sumarán aos do propio edificio do Pazo, para completar un total de arredor de 5.600 metros cadrados.

O pavillón externo terá cuberta a dúas augas con cerramentos de P.V.C, e contará con dobres teitos. As fachadas serán revestidas de mecanotubo e pontes de acceso realizados en madeira. Estará conectado co edificio do Pazo de Congresos santiagués, para facilitar o tránsito de participantes, asistentes e visitantes, a través dunha galería que contará cunha estrutura similar á do propio pavillón externo.
Gabinete de Comunicación do SIS (Xunta de Galicia)