Skip to main content

Santiso Miramontes visita en Arxentina a explotación agropecuaria La Angelita

Esta sociedade é unha explotación piloto no tocante a cruzar as reses orixinarias de Arxentina co seme de rubia galega.

“La Angelita”, que leva máis de 30 anos desenvolvendo a súa actividade e é pioneira no cruce con vacas galegas, está presidida por un galego e composta por diversas empresas como son “La Venancia”, “La Coloradita”, “La Reforma” y “El Nacimiento”.

“La Venancia” foi o primeiro establecemento da rexión en reunir os requisitos e esixencias para poder exportar a súa carne á Comunidade Económica Europea.

“La Coloradita”, “La Reforma” y “El Nacimiento teñen máis de 3.000 Has. cunha produción basicamente agrícola e gandeira, sendo salientable o feito de que o potencial gandeiro ten un soporte de 10.000 cabezas de gando, baseado no sistema pastoril.

As explotacións agrícolas desta entidade baséanse na produción de trigo, maínzo e soia, situadas nunha extensión de 1.000 Has. baixo rego.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia