Skip to main content

'Meeting Ourense' analiza a xestión e comunicación pública

A Deputación de Ourense organiza, xunto ao Instituto Internacional de Márketing e Comunicación e a Universidade George Washington, estas xornadas que se están a desenvolver desde hoxe ata mañá venres, 22 de marzo, no centro cultural "Marcos Valcárcel". Este encontro é o punto de encontro idóneo para elaborar estratexias e ferramentas innovadoras capaces de afrontar os vindeiros retos electorais en España. "Trátase de dúas xornadas de formación intensiva cos mellores profesionais do sector", sinalou Rosendo Fernández.

As xornadas distribúense en cinco eixes temáticos: a muller e a política, os gobernos locais e provinciais, a xestión de goberno, a comunicación e imaxe, e o laboratorio electoral. Trala inauguración do evento, a conferencia inaugural correu a cargo do profesor Armando Briquet, quen centrou o seu relatorio nas estratexias de comunicación para goberno. Posteriormente, o consultor político e presidente de Sanmartin Corporation, Aleix Sanmartín, expuxo a súa conferencia sobre os elementos da estratexia electoral. E, como broche final desta xornada, a especialista en comunicación e imaxe pública, Imelda Rodríguez, falou das claves estratéxicas para a xestión dunha imaxe pública decisiva.

A xornada de mañá venres, 22 de marzo, comezará ás 9.30 horas coa intervención do profesor da Universidade Carlos III de Madrid, Francisco Seoane, quen falará da retórico do populismo. A continuación, o profesor de George Washington University, Armando Briquet, será o encargado dun taller sobre a construción de narrativa. Trala pausa, o doutor pola Universidade de Alacante, Miguel Molina será o encargado de achegar a temática da ética e a estética dos novos liderados públicos, e continuará o profesor-doutor da Universidade da Coruña, Manuel Octavio del Campo, quen centrará o debate en cómo xestionar un orzamento local. Por último, a presentadora e editora do matinal de Informativos Telecinco, Leticia Iglesias, realizará un taller media training e técnicas de comunicación pública.
Deputación de oure