Skip to main content

A participación social das mulleres, a debate no II Foro de Igualdade celebrado en Panxón

A participación social e laboral das mulleres é o tema principal a debatir no II Foro de Igualdade, que se celebra en Panxón e que foi inaugurado pola conselleira de Familia, Pilar Rojo Noguera. O encontro está organizado pola Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro).

No seu discurso, Rojo insistiu na “importancia que están a ter as mulleres rurais galegas no deseño dun novo modelo de sociedade rural máis moderno e solidario que permita a igualdade real entre mulleres e homes”. Así mesmo felicitou a este colectivo pola súa participación no turismo rural, na conservación da natureza, a agroindustria e na adaptación ás novas tecnoloxías.

A titular autonómica da Muller dixo que desde o goberno galego estanse a realizar distintas labores para progresar na plena integración da muller en todos os ámbitos da vida en igualdade co home.

Rojo recordou o novo marco lexislativo que establece a Lei de Igualdade aprobada no mes de xuño de 2004 no Parlamento galego. O regulamento desenvolve, entre outras, medidas referidas á igualdade no emprego púbico coa pretensión de establecer un modelo de composición equilibrada no persoal da administración galega.

Ademais recolle a creación de mecanismos que permitan a creación de plans de igualdade nas empresas privadas, así como a flexibilización da xornada laboral por motivos familiares ou o permiso de paternidade.

No eido da conciliación da vida laboral e familiar, a Xunta está ampliando a rede pública de gardarías, un feito que permitirá que nos vindeiros meses Galicia se achegue ao obxectivo do 33% de cobertura pública en centros de atención á primeira infancia establecido polo Consello Europeo.

Outro dos proxectos é a ampliación da rede de centros de información á muller, de xeito que a finais todas as comarcas galegas contén alomenos cunha destas instalacións.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia