Skip to main content

Manuel Fraga visitou a Nunciatura da Santa Sede e asinou no libro de condolencias polo falecemento do Papa

Durante a visita, Manuel Fraga tivo oportunidade de conversar co nuncio apostólico en España, Manuel Monteiro de Castro, ao que transmitiu o seu pesar polo falecemento do Sumo Pontífice.

Nunhas breves declaracións aos xornalistas, o titular do Executivo galego sinalou que o Papa Xoán Paulo II protagonizou un dos grandes pontificados da Historia. Apuntou tamén que na mensaxe que deixou escrita no libro de condolencias, expresou o sentimento de pesar que nestes momentos embarga aos católicos galegos e españois, e tamén aos peregrinos que teñen visitado o sepulcro do Apóstolo Santiago, como fixera en dúas ocasións o Pontífice falecido o pasado sábado.

Paralelamente, Manuel Fraga fixo votos porque a Igrexa Católica atope o Papa “máis axeitado, axudado polo Espírito Santo, que tanto se necesita nestes momentos”.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia