Skip to main content

A USC promove un foro de transferencia de tecnoloxía para a produción de leite

O catedrático da USC e coordinador de grupo ProePla, Manuel Marey, abrirá a quenda de relatorios desa xornada cunha conferencia que leva por título ‘A investigación en Smart farming : perspectiva da Spanish Journal of Agricultural Research (SJAR)’. A investigadora de doutoramento Alba Vázquez dará continuidade a esta primeira quenda de relatorios cunha charla sobre as futuras oficinas agrarias virtuais, mentres que o subdirector xeral de Formación e Innovación Agroforestal de Agacal, José Antonio Portos, pechará a sesión matinal cunha charla sobre o impulso da innovación agraria desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

A celebración da xornada ‘ Smart Farming , Novas Tecnoloxías na Produción de Leite’ servirá tamén de escenario para que diversas empresas do sector, tales como Alltech, Aresa, Corteva-Pionner, DeLaval e Durán Maquinaria, realicen cadansúa presentación dos seus respectivos catálogos de innovacións de que dispoñen neste ámbito.

Unha vez rematadas as quendas de relatorios e a sesión de presentación a cargo das empresas, as persoas participantes nesta xornada de transferencia de tecnolóxica terán a oportunidade de visitar, xa en quenda de tarde, unha explotación situada no municipio de Castro de Rei, en cuxas instalacións as empresas convidadas farán unha demostración práctica das súas innovacións aplicadas ao día a día da produción láctea.
Universidade de Santiago de Compostela