Skip to main content

Executivos de televisión, productoras e distribuidoras participarán no 'I+P, Ideas para Producir' do Clúster Audiovisual Galego

A xornada de presentación de proxectos audiovisuais e encontros one-to-one (que se celebrará o 20 de novembro) reunirá en Galicia a directivos de grupos de televisións nacionais como directivos dos departamentos de Contidos e de Cine e Ficción de, TVE; Jorge Tuca, director de Desenvolvemento de Proxectos de Telecinco Cinema; Lara López, Compras de Dereitos Audiovisuais de Cine Español e Independente en Movistar+; Begoña Robles, CEO de Warner Bros España, entre outros. Tamén asistirán executivos de canles autonómicas como o xefe de Ficción e Cine de TV3, Oriol Sala-Patau; e directivos dos departamentos de Contidos da televisión de Galicia (TVG).

O “I+P Ideas para producir” contará ademais coa participación de Carlos Fernández, CEO de Filmax (El Autor, 100 Metros, Truman, [REC], Sé quién eres, Pulseras Rojas), Cristian Caggiano, responsable de Vendas de DeAPlaneta (La llamada, Los hombres libres de Jones, El Club de los Incomprendidos, La Verdad), e Manuel Monzón, produtor executivo de A Contracorriente Films (Revenge, La Librería, Spain in a Day, Techo y comida).

Colaboración con Filmarket Hub

A plataforma online de proxectos cinematográficos Filmarket Hub colabora por segundo ano consecutivo co “I+P Ideas para producir” apoiando os traballos que se www.clusteraudiovisualgalego.compresenten no foro. De xeito que os proxectos de cine e de ficción para televisión participantes na 13ª edición do pitching gozarán dun ano de inscrición gratuíta no mercado online da plataforma, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica.

Inscricións no foro

As empresas e os profesionais do audiovisual interesados en participar nesta xornada poden inscribirse ata o día 4 de outubro. Para elo teñen que enviar o formulario que encontrarán na páxina web do Clúster (www.clusteraudiovisualgalego.com) a comunicacion@clag.es. A partir do día 30 de outubro a organización comunicará aos seus responsables os proxectos seleccionados para participar no pitching.

Neste 2019 o “I+P Ideas para Producir” conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Pontevedra. Coa colaboración das asociacións CREA e AGAG e da plataforma Filmarket Hub, e co patrocinio de Gadisa e a compañía Music Library & SFX.
Clúster Audiovisual Galego