Skip to main content

Recoñecidos profesionais da cultura debaten as experiencias en relación a singularidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo na XORNADA CULTURA E AUTISMO

Entre todos, estamos a reflexionar sobre a nosa presenza na contorna grazas a unha maior accesibilidade en todos os espazos de convivencia, sanitarios, administrativos , educativos, no ámbito laboral e por suposto no eido da cultura con todo o que isto conleva.

A xornada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do CGAC (Centro galego de Arte Contemporáneo)

Contará entre os asistentes coa presenza de Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e Turismo; e no turno de conferencias e intervencións, co profesor Moisés de Lemos Martins, catedrático da Universidade do Minho; co director do CGAC, Santiago Olmo; con Encarna Lago, xestora cultural e xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; entre outras poñencias de interés e representantes da Federación Autismo Galicia tal e como se recolle no programa adxunto:

PROGRAMA

INAUGURACIÓN DA XORNADA E PRESENTACIÓN DA REVISTA MAREMÁGNUM
Coas intervencións de Dona. Mª José Álvarez Folgar. Presidenta Federación Autismo Galicia. Don. Román Rodríguez González. Conselleiro de Cultura e Turismo. Dona. Rosario Álvarez Blanco. Presidenta do Consello da Cultura Galega. Don. Cipriano Luis Jiménez Casas. Director da revista Maremágnum.

CONFERENCIA “A comunicación e a información na cultura” A cargo de Don Moisés de Lemos Martins. Profesor Catedrático da Universidade do Minho e director do Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS) da Universidade do Minho.

PROGRAMAS CULTURAIS ESPECIFICOS PARA PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)

“Un museo aberto: espazo de integración” A cargo de Santiago Olmo. Licenciado en Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid e director do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), de Santiago de Compostela.

“Ti en min, eu en ti. Museos con Todxs” A cargo de Encarna Lago. Xestora Cultural, Funcionaria da Deputación de Lugo. Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e Carolina Casal Chico. Museóloga e Conservadora. Xestora Cultural. Rede de Estudos Medievais USC. Profesora de Historia da Arte do IV Ciclo Campus Terra USC.

“Empower Parents. Conquistando espazos comúns” A cargo de Dona Laura Donis. Directora do Proxecto Empower Parents.

PROMOVENDO EXPERIENCIAS CULTURAIS NOS CENTROS E SERVIZOS MEMBROS DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

A experiencia dos centros. A cargo de Dona Macarena Blanco Delgado. Psicóloga de Fundación Menela. Responsable do Servizo de Diagnóstico e Atención Temperá, e Dona Lidia Reyes Bernal. Psicóloga de Asociación Aspanaes. Centros de atención diurna de Castelo e Villestro.

Ao finalizar darase un Cóctel coa actuación da Orquestra Castro Navás, composta por persoas con TEA.


PRESENTACIÓN do nº 23, 2019 da revista Maremagnum

No acto terá lugar a presentación do nº 23, 2019 da revista Maremagnum (publicación galega sobre o trastorno do espectro do autismo), que leva o título da propia Xornada e que da conta a través dos autores que colaboran neste número da cultura no eido tan singular das persoas con autismo.

A INSCRICIÓN E ABERTA E GRATUITA ATA COMPLETAR AFORO:
https://docs.google.com/forms/d/1BW0vdQAWU5Zy8nYTNsQcr20jUa554LRF9q3xUT8ElnY/edit

TODA A INFO EN:
https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=336
https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=334
Autismo Galicia