Skip to main content

A Fundación Eugenio Granell presenta a exposición 'Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros.'

Na República Dominicana, primeiro lugar no exilio, Granell empeza a pintar e debuxar dedicando un gran número de debuxos a súa nova musa: Amparo. A maioría son en tinta ou lápis sobre papel. Igualmente mostranse óleos de interiores e outros que evocan a vida caseira.

Os retratos de amigos son de gran realismo. Moitos son “doodles”, garabatos, pero outros son obras surrealistas. Ningún é posado. Están feitos en sobres, papeis soltos con anotacións. Un retrato moi interesante de Lenin: “Retrato gongorino de Juana de la Cruz e Vladimir Ilich Uliánocv”, pode verse de dúas maneiras: por un lado vese o retrato de Lenin e polo outro, o da poeta mexicana.

En Porto Rico Granell foi bo amigo de Juan Ramón Jiménez a quen visitaba con frecuencia; especialmente durante unha época na que o Nobel estivo bastante enfermo e deprimido permanecendo moito tiempo na cama. Do seu amigo Vela Zanetti tamén fixo varios retratos. Carta de Granell a Vela; “Tu entereza moral frente a las calumnias es tu mejor retrato.” Vela Zanetti sobre Granell: “Siempre recto e implacable cayera quien cayera, como si la memoria la guiara una línea de acero.”

A exposición segue un orden cronolóxico. Primeiro a República Dominicana onde se coñeceron moitos dos exiliados mantendo a súa identidade como exiliados españois (Vela Zanetti: “Volví a España a ejercer mi derecho de español.”); continuando por Guatemala, Porto Rico, Nova Iorke e finalmente España. Para algúns Porto Rico e Nova Iorke representaron o reencontro xa tendo aceptado o exilio como algo permanente a vez que consolidaran as súas vidas fora de España. Os vascos, os catalans, os valencianos, os galegos, os leoneses, todos españois.
Fundación Eugenio Granell