Skip to main content

Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio 2019

No libro constátase que todos eles comparten a indivisibilidade da soberanía, cuxo único suxeito é España, e a convicción de que a polis, a comunidade política española, non ten acta constitutiva na Constitución de 1978, nin na de 1812, senón que posúe fundamentos históricos e culturais anteriores. A partir de aí, houbo patriotas demócratas e non demócratas, nacionalistas étnicos e cívicos, e combinacións diversas de ambos os elementos.

Currículo

Núñez Seixas é catedrático de Historia Contemporánea dende outubro de 2007. Foi investigador invitado nas Universidades de Halle / Saale, Bielefeld Zentrum für vergleichende e Geschichte Europas (Berlín), así como no Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén foi profesor invitado nas Universidades de Rennes II, París VII , París X -Nanterre , City University of New York, Stanford University (EE.UU.) e a Universidad Nacional de Mar del Plata (Argentina).

É membro do consello editorial das revistas Historia del Presente (Madrid), Estudos Migratorios (Santiago de Compostela), Ayer (Madrid), Historia Social (Valencia) e Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén é membro do Consello Asesor das revistas españolas Historia, Trabajo y Sociedad (Madrid) e Segle XX (Barcelona), así como membro do Consello Asesor das revistas internacionais European History Quarterly (London), Spagna Contemporanea (Torino) e Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies.

Xosé M. Núñez Seixas foi investigador principal do proxecto de investigación HAR2008-06252-C02-01/HIST, titulado Imaginarios nacionalistas e identidad nacional española en el siglo XX, subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (2008-2011). Igualmente, ten participado na rede temática de investigadores Relating Identities: Locality, Region, Nation and Empire in Modern European History, financiada polo Leverhulme Trust International.

Entre os seus eidos de investigación destacan os movementos nacionalistas europeos en perspectiva comparada; nacionalismos galego, vasco e catalán; a cuestión nacional na Europa de entreguerras, o nacionalismo español no século XX e mais alá, as identidades locais, rexionais e territoriais en España durante os séculos XIX e XX, a historia cultural da guerra e da violencia, con especial referencia á Guerra Civil española e a fronte rusa durante a Segunda Guerra Mundial; a emigración española cara América Latina, séculos XIX e XX, con especial referencia á emigración galega a Arxentina, os emigrantes retornados antes de 1936 e a mobilización política entre as comunidades de emigrantes. Núñez Seixas foi premio Manuel Murguía de Ensaio.
Universidade de Santiago de Compostela