Skip to main content

López Veiga presenta a análise do Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia con datos de 5.565 embarcacións

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presentou o libro Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia:2004 nun acto celebrado en Santiago. A través desta edición, a Xunta realiza unha análise estatístico que desglosa as características dos 5.565 buques pesqueiros con porto base en Galicia.

A Consellería de Pesca é a única administración de todo o Estado que é quen de pechar e publicar as estatísticas dos buques pesqueiros e da pesca descargada no prazo duns poucos meses. Isto é posible gracias a Plataforma Tecnolóxica da Pesca, unha innovadora aplicación informática que está aberta ó publico a través de Internet na web www.pescadegalicia.com. Esta plataforma revisa e publica constamente os datos sobre a pesca descargada e os buques pesqueiros procesando a información remitida polo propio sector.

Segundo os datos do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, na autonomía teñen porto base 5.565 pesqueiros, que suman unha potencia de 469.187 cabalos de vapor e desprazan 122.183 toneladas de rexistro bruto. Cómpre sinalar que neste censo non se teñen en conta os buques auxiliares de acuicultura (os barcos bateeiros, por exemplo) que rondan o milleiro.

4.867 embarcacións de baixura

Máis do 95% da flota pesqueira galega faena no caladoiro nacional. Entre eles, o máis numeroso é o grupo de 4.867 pequenas embarcacións de baixura que faenan con artes menores preto da costa galega, dentro das rías. O censo complétase con 121 buques de de augas internationais e 144 de augas comunitarias.

Grazas ao gran volume e detalle de datos, o anuario – e a propia Plataforma Tecnolóxica da Pesca a partir do cal se elaborou- constitúen unha ferramenta fundamental para deseñar unha pesca sostible en Galicia. Dispor de datos tan desglosados e en tan pouco tempo permite aos biólogos e aos técnicos da Consellería de Pesca adaptar o esforzo pesqueiro ó estado real dos recursos. Deste xeito, consíguese un adecuado control administrativo e a ordenación da pesca e o marisqueo

A publicación presentada hoxe agrupa o censo de pesqueiros en función de criterios técnicos (tramos de eslora, arqueo e potencia), criterios pesqueiros (tipo de pesca e artes) e criterios xeográficos (distribución por caladoiros, provincias e zonas de produción).
4.270 embarcacións con porto base nas Rías Baixas

Na análise da frota pesqueira por zonas de producción destaca o gran peso da pesca nas Rías Baixas. Así as areas de Arousa (2.232 buques), Vigo (944 buques), Muros (592 buques) e Pontevedra (502) son as zonas no que máis embarcacións teñen o seu porto base. A distribucción completa da flota por zona é a seguinte:

No referido a clasificación segundo o tamaño destaca a importancia das pequenas embarcacións, pois o 83,94% do total teñen menos de 12 metros de eslora.

O conselleiro de Pesca estivo acompañado no acto de presentación do anuario polo director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, Andrés Hermida e a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Rosa Quintana.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia