Skip to main content

Galicia consolida a súa posición nos primeiros postos das comunidades autónomas con mellores resultados nas listas de espera cirúrxica

Así se recolle nun informe comparativo publicado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, que inclúe unha comparativa dos datos do conxunto de Comunidades Autónomas do Sistema Nacional de Saúde. Con estes datos, a nosa comunidade autónoma consolida as tendencias dos últimos anos e sitúase 59 días por debaixo da media nacional, que segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade é de 115 días de espera media a xuño deste ano.

Así mesmo, a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 6 meses para unha intervención é do 1,9% en Galicia, fronte ao 15,8% do SNS. Un dato que tamén rexistra un descenso con respecto de xuño de 2018, cando a porcentaxe de pacientes con máis de 6 meses de espera era de 2,8%, e de 12,2% na media do Sistema Nacional de Saúde.

Consultas de enfermidade

O tempo medio de espera para as consultas de enfermidade en Galicia é de 38 días. Unha cifra moi por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, situada en 81 días en xuño de 2019. Isto supón que os galegos esperan unha media de 43 días menos que o conxunto de cidadáns do Sistema Nacional de Saúde.

Sinalar, así mesmo, que a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 20,8% en Galicia, fronte ao 42,6% do SNS.
Servizo Galego de Saúde