Skip to main content

Cultura do País presenta a 'Antología da poesía em galego, Carvalho Calero'

A Asociación Cultural Cultura do País presenta, xunto con Através Editora e a librería Trama, a “Antología de poesía de Carvalho Calero”, coa presenza do editor Paulo Fernández Mirás e da escritora lucense Carmen Blanco, responsábel do prólogo.

O acto terá lugar o vindeiro sábado 1 de febrero as 12.30 horas na librería Trama, e consistirá nunha conversa con ambos escritores ao redor da figura a quen se lle dedica o vindeiro dia das Letras Galegas, o escritor Carvalho Calero.

O editor Paulo Fernandez Mirás acaba de ser nomeado académico da AGLP e realizou diversos ensaios en torno a figura do escritor ferrolán.

A escritora lucense Carmen Blanco é profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades na USC. Publicou ensaio, poesía e narrativa, tanto individualmente como en colaboración con numerosos autores e autoras galegas e de fóra.
Asociación Cultural Cultura do País