Skip to main content

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo presenta a exposición 'Tempo de infancia'

Este período temporal tan amplo permite, por unha banda, apreciar a evolución sociolóxica ao longo destes anos, e por outra establecer as comparacións pertinentes coa realidade actual.

A mostra serve, por tanto, para ilustrar os cambios, lembrar escenarios e rememorar episodios vividos, ou ben ensinar aos nenos e nenas do presente como viviron a infancia os seus pais e avós, como eran, se divertían, traballaban ou estudaban.

Os documentos estrutúranse en catro grupos que mostran a presenza de nenos e nenas nas escolas, as organizacións xuvenís, a acción de profesionais do ensino, e documentos creados polos propios escolares que tamén custodia o Arquivo, que se deben á súa participación en actividades sobre diversas efemérides como o Día do Libro ou o aniversario da Constitución.

A mostra permanecerá aberta ata o 30 de abril na sala de exposicións do Arquivo. A entrada é libre e gratuíta e pode visitarse de luns a venres entre as 8:30 e as 20:30 horas. O centro ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas para centros de ensino e grupos diversos aos que lles poida resultar de interese.
Arquivo Histórico Provincial de Lugo